luns, 23 de outubro de 2017

Por qué non apoio ós independentistas cataláns

Penso que Cataluña, os cataláns, teñen dereito a decidir o seu propio futuro, como Galicia, como Euzkadi, como calquera outro pobo de España ou de calquera parte do mundo. Porque son pobos, e tanto me ten que os chamen así ou que os chamen paises ou nacións. As verbas non cambian a realidade. Agora ben, o que non apoio é o que veñen facendo dende hai un tempo os independentistas cataláns, e non por que non teñan dereito a votar e decidir, senon por outra razón.

Poden decir o que queiran, pero o feito é que perderon as eleccións que eles plantexaron como plebiscitarias (porque así o quixeron). Acadaron a maioría de escanos pero non de votos. Aínda así, decidiron seguir adiante porque, según o Presidente Puigdemont, que o resto de partidos non estiveran a favor non significaba que se opuxeran "expresamente". Coa súa maioría de escanos aprobaron, ninguneando á oposición e ignorando os procedementos do propio Parlamento, a lei do referendum e a lei de transtitoriedade. Só eles votaron a favor.

Convocóuse o referendum e moita xente foi votar, pero non houbo ningún órgano de control. Houbo xente que votou varias veces e outra que non puido votar. Nin os observadores invitados por eles mesmos pensan que a votación tivera validez. Din agora que o pobo catalán votou maioritariamente pola independencia pero non é verdade. En realidade non sabemos canta xente votóu, dos que non votaron non sabemos cántos non puideron e cántos non votaron por que estaban en contra do propio referendum, nin cantos decidiron absterse sen máis. E dos que votaron non sabemos realmente cántos votaron pola independencia e cantos en contra. Nin tampouco cántos votaron pola independencia porque non se lles dou, nin por unha parte nin pola outra, opción de votar por outras posibilidades, que as hai.

E aínda así os independentistas considerano "un mandato". Pero non hai tal, aínda seguimos sen saber cál é realmente a vontade dos cataláns. Non lles importa. Poden acusar canto queiran a outras forzas de obrigar ós cataláns a seren españois á forza, pero eles son iguais. Eles teñen a verdade, saben o que ten que facer Cataluña e están dispostos a levalo a cabo, o queiran os cataláns ou non.

E por iso non podo apoiar o que están facendo. Máis alá das ideas que eu mesmo teña non me opoño por que eu non sexa independentista (que non o son), se crera que esa é a vontade dos cataláns como pobo, eu o respectaría. Pero non o é. Ou non sabemos se o é, e eu non creo que o sexa.

Todo iso non quere dicir que o Goberno e o PP non teñan a súa responsabilidade, a teñen e moita, pero os independentistas non son mellores. Din que son demócratas, pero non o son. Son outros salvapatrias máis. E eu estou cos patriotas, pero xamáis cos salvapatrias. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario