luns, 23 de outubro de 2017

Por qué non apoio ós independentistas cataláns

Penso que Cataluña, os cataláns, teñen dereito a decidir o seu propio futuro, como Galicia, como Euzkadi, como calquera outro pobo de España ou de calquera parte do mundo. Porque son pobos, e tanto me ten que os chamen así ou que os chamen paises ou nacións. As verbas non cambian a realidade. Agora ben, o que non apoio é o que veñen facendo dende hai un tempo os independentistas cataláns, e non por que non teñan dereito a votar e decidir, senon por outra razón.

Poden decir o que queiran, pero o feito é que perderon as eleccións que eles plantexaron como plebiscitarias (porque así o quixeron). Acadaron a maioría de escanos pero non de votos. Aínda así, decidiron seguir adiante porque, según o Presidente Puigdemont, que o resto de partidos non estiveran a favor non significaba que se opuxeran "expresamente". Coa súa maioría de escanos aprobaron, ninguneando á oposición e ignorando os procedementos do propio Parlamento, a lei do referendum e a lei de transtitoriedade. Só eles votaron a favor.

Convocóuse o referendum e moita xente foi votar, pero non houbo ningún órgano de control. Houbo xente que votou varias veces e outra que non puido votar. Nin os observadores invitados por eles mesmos pensan que a votación tivera validez. Din agora que o pobo catalán votou maioritariamente pola independencia pero non é verdade. En realidade non sabemos canta xente votóu, dos que non votaron non sabemos cántos non puideron e cántos non votaron por que estaban en contra do propio referendum, nin cantos decidiron absterse sen máis. E dos que votaron non sabemos realmente cántos votaron pola independencia e cantos en contra. Nin tampouco cántos votaron pola independencia porque non se lles dou, nin por unha parte nin pola outra, opción de votar por outras posibilidades, que as hai.

E aínda así os independentistas considerano "un mandato". Pero non hai tal, aínda seguimos sen saber cál é realmente a vontade dos cataláns. Non lles importa. Poden acusar canto queiran a outras forzas de obrigar ós cataláns a seren españois á forza, pero eles son iguais. Eles teñen a verdade, saben o que ten que facer Cataluña e están dispostos a levalo a cabo, o queiran os cataláns ou non.

E por iso non podo apoiar o que están facendo. Máis alá das ideas que eu mesmo teña non me opoño por que eu non sexa independentista (que non o son), se crera que esa é a vontade dos cataláns como pobo, eu o respectaría. Pero non o é. Ou non sabemos se o é, e eu non creo que o sexa.

Todo iso non quere dicir que o Goberno e o PP non teñan a súa responsabilidade, a teñen e moita, pero os independentistas non son mellores. Din que son demócratas, pero non o son. Son outros salvapatrias máis. E eu estou cos patriotas, pero xamáis cos salvapatrias. 

xoves, 19 de outubro de 2017

O medo as verbas

Hai algo máis de seis anos empecei a escribir unha bitácora á que puxen por nome "Balas perdidas" na que ó longo de tres anos fun deixando constancia dalgunhas das miñas inquedanzas, entre elas as políticas. Dentro daquela bitácora, en xuño do 2011, escribín un texto titulado "Reflexiones sobre la democracia" do que vou copiar dous parágrafos.

"Tenemos un sistema bicameral, en el que el Congreso es la cámara de representación popular y el Senado la de representación territorial. Este planteamiento me parece correcto, no estoy de acuerdo con quienes proponen la supresión del Senado porque lo consideran inútil. Las diferentes regiones no tienen siempre las mismas características y problemas ni, consecuentemente, los mismos intereses. Si suprimimos el Senado, los intereses de las regiones más pobladas se verían favorecidos en perjuicio de las menos pobladas, dado que tendrían más peso en la única cámara. Para evitar eso existe el Senado, lo que debemos hacer es dotarlo de verdadera utilidad. Concretamente modificando el artículo 90.2, que es el que hace que, en la práctica, el Congreso pueda legislar por sí solo".
"En cuanto al Senado, hay que admitir que la organización territorial ya no se configura, si es que alguna vez fue así, en torno a la provincia, sino en torno a la comunidad autónoma. Por eso [...] la circunscripción debería ser la comunidad autónoma. Dado que es una cámara de representación territorial, el número de senadores por comunidad debería ser idéntico para todas ellas, con independencia de su población".

Este texto compartino en foros de debate en redes sociais, e tamén teño expresado as mesmas ideas en conversas persoais con amigos e compañeiros. ¿Por qué o copio hoxe aquí? Porque me ocorre algo moi curioso que quero comentar. Cando compartín o texto e cando digo o mesmo en conversas persoais uns están de acordo, outros só en parte e outros en nada, pero a conversa adoita ser razoada e razoable. Ninguén leva as más á cabeza nin pensa (ou polo menos non o dí) que eu sexa independentista, que quera esnaquizar España ou que o que digo sexa un disparate. E isto ocorre, ademáis de por falar con xente máis ou menos sensata e educada, por unha razón: que non menciono a verba "federal". E o fago de intento, por que sei por experiencia que se comenzo por decir que son partidario do federalismo as máis das veces a conversa acaba e se converte en dous monólogos. No mellor dos casos pensan que son un tolo, un romántico idealista ou un iluso. Iso os que non me consideran antiespañol e sospeitoso de separatismo.

Nembargantes, o que ocorre máis a miúdo é que me digan que España xa é un Estado federal agás polo nome, no que eu penso que se equivocan. Ata lle teño escoitado a lapidaria sentencia a suspostos expertos en dereito político nos debates da tele. Din que as comunidades autónomas teñen máis competencias que os lander alemáns, o que pode que sexa certo pero non ten que ver porque "descentralizado" non é "federal".  Pero nunca podo expoñerlles as razóns polas que penso que se equivocan porque unha vez pronunciada a verba "federal" xa non dou rematado unha soa frase máis, é como se fose un "ábrete, sésamo" que no canto de abrir covas pechase mentes.

Eu non sei se o federalismo é a solución ó problema dos nacionalismos e a integración territorial de España. Castelao, Pi y Margall e outros homes tan ilustres como ilustrados crían que sí, seica erraban e seica eu tamén. Tan só vou rematar plantexando unha pregunta que me ronda a cabeza: se España xa é un Estado federal agás polo nome ¿a qué ven tanta resistencia a darlle ese nome e poñelo na Constitución?

Para esta pregunta cada quen terá a súa resposta. A miña da título a este texto.